Orde do 10 de marzo de 2008 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas.

Diario Oficial de Galicia, March 24, 2008 (Nbr. 56)

IV. Oposicións e Concursos - CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Permanent Link: http://vlex.com/vid/38226392
Id. vLex: VLEX-38226392

Extract:

Orde do 10 de marzo de 2008 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas.

De conformidade co establecido no Decreto 65/2007, do 12 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de corpos e escalas de Administración xeral e especial da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007 (Diario Oficial de Galicia nº 72, do 13 de abril), esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

Convocar proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas, con suxeición ás seguintes,

Bases da convocatoria:

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será a cobertura de dez (10) prazas do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, polos sistemas de promoción interna e de acceso libre, polo procedemento de oposición.

O corpo de xestión, de conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, é equivalente ao subgrupo A2.

O proceso selectivo constará dunha fase de probas selectivas e outra consistente na superación dun curso selectivo coas probas, puntuacións e materias que se sinalan nesta orde.

I.1.1. O número total de vacantes reservadas ao sistema de promoción interna ascende a tres (3) prazas, correspondente ao vinte e cinco por cento (25%) do total de vacantes.

O número total de vacantes reservadas ao sistema de acceso libre ascende a sete (7) prazas. As prazas sen cubrir das reservadas ao sistema de promoción interna acumularanse ao sistema de acceso libre.

I.1.2. De conformidade coa disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e co Decreto 65/2007, do 12 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, do total de prazas reservarase unha (1) do sistema de acceso libre para ser cuberta por persoas con discapacidade cun grao igual ou superior ao 33%.

De acordo co establecido na disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, no suposto de que esta praza non se cubra, acumularase á cota do 7% da oferta seguinte, cun límite máximo do 12%. Así mesmo, no suposto de que algún aspirante con discapacidade que se presentase pola cota de re...

see the complete text now
If you are already a vLex customer, Access Here

Sponsored Ads:


Other documents:
una vida en fechas | -Barañain - Notificación de sanción | Case of Audiencia Provincial Las Palmas Seccion 3 n 230/2007 of May 31 2007 | Case of Tribunal Superior de Justicia Comunidad Valenciana Sala de lo Social n 3831/02 of June 18 2002 | case of tribunal superior de justicia - coruña (a), galicia - sala de lo social, of march... | RESOLUCION 226/2001, de 27 de febrero, del Director Gerente del Servicio Navarro de Salud-Osasun... | Decisión del Presidente del Tribunal de Justicia por la que declara que el Tribu... | notificaciones | RESOLUCIO d'11 de febrer de 1994, d'aprovacio d'un augment de subvencio al financame... | Case of Tribunal Superior de Justicia Palmas de Gran Canaria Las Canarias Sala de lo Co...