Diario Oficial de Galicia, September 26, 2007 (Nbr. 187)
IV. Oposicións e Concursos - CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Permanent Link:
http://vlex.com/vid/aproban-temarios-rexeran-corpo-letrados-38545496
Id. vLex: VLEX-38545496
Acceda a este documento
y pruebe vLex GRATIS durante 3 días
Orde do 12 de setembro de 2007 pola que se aproban os temarios que rexerán no proceso selectivo para o acceso ao corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de letrados.
A Orde do 29 de setembro de 2006 (DOG do 4 de outubro) que rexeu o último proceso selectivo para o acceso á escala de letrados da Xunta de Galicia, incorporou no seu anexo V o programa de materias que deberían ser obxecto de estudo.
A Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público dispón, no seu artigo 61.2º que os procedementos de selección coidarán especialmente a conexión entre o tipo de probas que se deben superar e a adecuación ao desemprego das tarefas dos postos de traballo convocados, incluíndo, de ser o caso, as probas prácticas que sexan precisas.Co fin de dar a coñecer coa suficiente antelación as modificacións necesarias no programa para futuras convocatorias, procédese a unha nova revisión que recolle tanto as últimas reformas lexislativas acaecidas como as melloras técnicas que sobre o seu contido se considerou preciso realizar.En virtude do anterior, e en uso das competencias atribuídas á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza polo artigo 54.5º do Decreto 343/2003, do 11 de xuño,dispoño:Artigo único.-Aprobar e publicar o programa de materias que rexerá na convocatoria do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, grupo A, escala de letrados, cuxo contido se incorpora como anexo a esta orde.Disposición derradeiraEste programa de materias rexerá a partir da oferta de emprego público de 2007.Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2007.José Luis Méndez RomeuConselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e XustizaANEXOPrograma do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, grupo A, escala de letrados.Dereito civil.Tema 1. O dereito civil: a súa significación no ordenamento xurídico e na ciencia do dereito. O dereito civil en España. O proceso codificador. O Código Civil español: estrutura e contido. Principais modificacións e leis complementarias do Código Civil.Tema 2. Os dereitos forais: antecedentes da codificación foral. Os dereitos forais no sistema constitucional: leis de dereito civil e compilacións vixentes. Estatuto de autonomía de Galicia e dereito civil. A Lei do dereito civil de Galicia: estrutura e contido.Tema 3. As fontes do dereito: enumeración e xerarquía. A lei. O costume. Os principios xerais do dereito. A xurisprudencia. Outras fontes do dereito. Especial referencia ás fontes no dereito civil de Galicia. A Constitución como fonte do dereito.Tema 4. As normas xurídicas: natureza, caracteres, estrutura e clasificación. O ordenamento xurídico: valores superiores. A interpretación das normas: clases, elementos e regras. Eficacia das normas xurídicas. Fraude de lei. Erro de dereito.Tema 5. Aplicación das leis no tempo. O problema da retroactividade ou irretroactividade. Aplicación das leis no espazo. Dereito internacional privado e dereito interrexional: regras do Código Civil.Tema 6. A relación xurídica. A institución xurídica. O dereito subxectivo. Categorías de dereitos subxectivos. Adquisición dos dereitos subxectivos. As chamadas situacións xurídicas secundarias: expectativas de dereitos e situacións xurídicas interinas. Exercicio dos dereitos; os seus límites: a boa fe e o abuso do dereito.Tema 7. O suxeito da relación xurídica. A personalidade: adquisición e extinción. A capacidade das persoas: as súas clases. As circunstancias modificativas da capacidade. A incapacitación. Protección das persoas con discapacidade.Tema 8. A nacionalidade. Adquisición, perda, conservación e recuperación da nacionalidade española. A ...Try vLex for FREE for 3 days
Access legal information from Spain including:
Try vLex without any commitment for 3 days and see why you need it.
3
days of Free Access
If you are already a vLex customer, Access Here