Suplementos do BOE en galego, November 01, 2008 (Nbr. 12)
Permanent Link:
http://vlex.com/vid/comercializacion-posta-das-maquinas-50038189
Id. vLex: VLEX-50038189
Acceda a este documento
y pruebe vLex GRATIS durante 3 días
Real decreto 1644/2008, do 10 de outubro, polo que se establecen as normas para a comercialización e posta en servizo das máquinas. («BOE» 246, do 11-10-2008.)
Directiva 2006/42/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de maio de 2006, relativa ás máquinas e pola que se modifica a Directiva 95/16/CE, é o resultado desa decisión. Foi publicada no Diario Oficial de la Unión Europea do 9 de xuño de 2006, e nela sinálase o 29 de xuño de 2008 como data límite para que os Estados membros adopten as disposicións internas necesarias para se acomodaren ás súas disposicións e o 29 de decembro de 2009 como data a partir da cal as deben aplicar efectivamente.
En consecuencia, este real decreto ten por obxecto a transposición ao dereito interno español das disposicións da dita directiva.A Constitución española, así como a Acta de adhesión á Comunidade Económica Europea (hoxe Unión Europea) estableceron os dous grandes soportes legais básicos que sustentan o posterior desenvolvemento normativo no noso país, dentro do cal, como non podería ser doutra forma, se encontra a actividade económica e, en particular, a regulamentación relativa á seguranza de instalacións e produtos.Así, a Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, estableceu o novo marco xurídico en que se desenvolve a actividade industrial. Entre os fins que persegue a dita lei, como sinala o seu artigo 2, encóntrase a seguranza industrial e, pola súa vez, o obxecto desta é, de acordo co artigo 9, 'a prevención e limitación de riscos, así como a protección contra accidentes e sinistros capaces de producir danos ou prexuízos ás persoas, flora, fauna, bens ou ao ambiente, derivados da actividade industrial ou da utilización, funcionamento e mantemento das instalacións ou equipamentos e da produción, uso ou consumo, almacenamento ou refugo dos produtos industriais'.Este real decreto ten, pois, o seu fundamento na citada Lei de industria.1176 Sábado 1 novembro 2008 Suplemento núm. 12A aplicación harmonizada da Directiva 2006/42/CE obriga a considerar como equivalente ás disposicións deste real decreto calquera outra ditada co mesmo obxectivo polos demais Estados membros, e terceiros que manteñan acordos neste sentido coa Unión Europea, así como as referencias directas realizadas á mencionada directiva nos seus documentos de aplicación, posto que non se pode exixir que se realicen referencias a todas e cada unha das disposicións dos Estados membros en documentos dos fabricantes, dos organismos notificados ou nas normas harmonizadas.Dado que a directiva se dirixe aos Estados membros, algunhas das súas previsións non poden ter reflexo no texto interno senón, de ser o caso, como adaptación particular ao sistema comunitario. Polo demais, en canto ás obrigas dos fabricantes, as regras deben ser exactamente as indicadas na directiva.No campo de aplicación teórico da directiva existen máquinas corresponden plenamente á definición de 'máquina' que realiza a directiva cubertas por outras directivas que se consideran máis específicas, polo cal se estimou que se debía trazar con elas unha fronteira o máis clara posible. Así, por exemplo:a) Os tractores agrícolas e forestais réxense fundamentalmente pola Directiva 2003/37/CE (incorporada á lexislación española pola Orde CTE/2780/2003, do 8 de outubro), ben que se consideraba que esta non trata todos os perigos a que se refire a directiva de máquinas.Por iso se acordou unha solución transitoria consistente en deixar de aplicar os requisitos da directiva de máquinas a medida que fosen cubertos pola de tractores, que sería a única pertinente no futuro.b) Os vehículos de motor e os seus remolques están cubertos pola Directiva 70/156/CEE, coas súas modificacións, e os vehículos de dúas e tres rodas pola Directiva 2002/24/CE (ambas traspostas polo Real decreto 2028/1986, do 6 de xuño, e as súas modificacións), pero as ditas directivas unicamente se refiren ás condicións exixidas aos vehículos para circular. En consecuencia, a exclusión dos vehículos non se aplica ás máquinas que se monten neles.c) Moitas das máquinas son accionadas mediante a súa conexión á rede eléctrica de baixa tensión, polo cal se lles aplica a Directiva 73/23/CEE (denominada baixa tensión), modificada pola Directiva 93/68/CEE (Real decreto 7/1988, do 8 de xaneiro, relativo ás exixencias de seguranza do material eléctrico destinado a ser utilizado en determinados límites de tensión, modificado polo Real decreto 154/1995, do 3 de febreiro). Non obstante, considerouse oportuno tratar particularmente unha serie de máquinas incluídas en sectores tradicionalmente obxecto da dita directiva, excluíndoas da directiva de máquinas, polo que será a directiva de baixa tensión a única que se aplicará, en lugar de ambas.d) Considerouse que os ascensores con velocidade non superior a 15 centímetros por segundo, actualmente sometidos á Directiva 95/16/CE (Real decreto 1314/1997, do 1 de agosto, polo que se ditan as disposicións de aplicación da Directiva do Parlamento Europeo e do Consello 95/16/CE, sobre ascensores, modificado polo Real decreto 57/2005, do 21 de xaneiro), eran obxecto du...Try vLex for FREE for 3 days
Access legal information from Spain including:
Try vLex without any commitment for 3 days and see why you need it.
3
days of Free Access
If you are already a vLex customer, Access Here