Diario Oficial de Galicia, October 23, 2007 (Nbr. 205)
I. Disposicións Xerais - CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Permanent Link:
http://vlex.com/vid/grao-elemental-ensinanzas-rexime-danza-38544086
Id. vLex: VLEX-38544086
Acceda a este documento
y pruebe vLex GRATIS durante 3 días
Decreto 196/2007, do 20 de setembro, polo que se establece a ordenación do grao elemental das ensinanzas de réxime especial de danza.
A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu artigo 45 que as ensinanzas artísticas teñen como finalidade proporcionarlle ao alumnado unha formación artística de calidade e garantir a cualificación dos futuros profesionais da danza, e no artigo 48 preceptúa que as ensinanzas elementais de danza terán as características e a organización que as administracións educativas determinen.
A Comunidade Autónoma de Galicia estableceu o currículo do grao elemental das ensinanzas de danza mediante o Decreto 260/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o currículo do grao elemental das ensinanzas de danza, en desenvolvemento do Real decreto 755/1992, do 26 de xuño, polo que se establecen os aspectos básicos do currículo do grao elemental das ensinanzas de danza.A experiencia alcanzada desde a promulgación do citado decreto, xunto co desenvolvemento da nova lei de educación, aconsellan establecer un novo marco normativo para a ordenación académica das ensinanzas elementais de danza.A finalidade do grao elemental das ensinanzas de réxime especial de danza é a de promover a autonomía do alumnado para que a súa capacidade de expresión dancística adquira a calidade artística necesaria que permita acceder ao grao profesional.Xa que logo, este decreto establece o currículo do grao elemental das ensinanzas de réxime especial de danza para o ámbito de competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, regula o acceso a estas ensinanzas, así como os requisitos mínimos dos conservatorios elementais de danza e dos centros autorizados elementais de danza no relativo á relación numérica entre estudantes e profesorado, instalacións docentes e número de postos escolares.De conformidade co exposto, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e pola Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, logo do informe do Consello Escolar de Galicia, oído o Consello Consultivo de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de setembro de dous mil sete,DISPOÑO:Capítulo IDa finalidade e a organización das ensinanzas elementaisde danzaArtigo 1º.-Obxecto e ámbito de aplicación.1. Este decreto regula o currículo da ensinanza de danza do grao elemental consonte o establecido no artigo 48 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.2. Así mesmo, esta disposición regula os criterios de ingreso no grao elemental.3. Este decreto ten igualmente a finalidade de establecer os requisitos mínimos dos conservatorios elementais de danza e dos centros autorizados elementais de danza no relativo á relación numérica entre estudantes e profesorado, instalacións docentes e número de postos escolares.4. Este decreto é de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia, nos conservatorios de danza e nos centros autorizados de danza que conten coa autorización para a impartición do grao elemental de danza.Artigo 2º.-Finalidade.1. A finalidade do grao elemental das ensinanzas de réxime especial de danza é promover a autonomía do alumnado para que a súa capacidade de expresión dancística adquira a calidade artística necesaria que permita acceder ao...Try vLex for FREE for 3 days
Access legal information from Spain including:
Try vLex without any commitment for 3 days and see why you need it.
3
days of Free Access
If you are already a vLex customer, Access Here