LEI 51/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2008. («BOE» 310, do 27-12-2007.)

Suplementos do BOE en galego, December 28, 2007 (Nbr. 34)


Permanent Link: http://vlex.com/vid/lei-decembro-orzamentos-xerais-ano-310-38503733
Id. vLex: VLEX-38503733

Acceda a este documento
y pruebe vLex GRATIS durante 3 días

Sponsored Ads:


Extract:

LEI 51/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2008. («BOE» 310, do 27-12-2007.)

resolución dos procedementos incoados, que será motivada, corresponderalle ao Consello de Ministros, logo de informe e por proposta da citada dirección xeral, a través do Ministerio de Economía e Facenda, acordando a desestimación ou a restitución total ou parcial ou o dereito á compensación, e a declaración de restitución constituirá título suficiente para a inscrición dos bens e dereitos no Rexistro da Propiedade.

2. Naqueles casos en que, acreditándose o prexuízo patrimonial sufrido polo partido político, non se puidese determinar nin sequera por medios indiciarios a totalidade dos seus elementos, o Consello de Ministros poderá fixar equitativamente unha compensación.' Disposición transitoria. Novo período de presentación de solicitudes.

Para que os partidos e agrupacións políticas beneficiarios dos dereitos a que se refire esta lei poidan presentar novos documentos probatorios, abrirase un novo prazo dun ano para a presentación das solicitudes pertinentes desde a entrada en vigor da lei.

Disposición derrogatoria única.

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido nesta lei.

En particular queda derrogada a disposición adicional da Lei 43/1998, do 15 de decembro.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento regulamentario.

O Goberno, no prazo de tres meses a partir da entrada en vigor desta lei, e por proposta conxunta dos ministerios da Presidencia, de Xustiza e de Economía e Facenda, desenvolverá regulamentariamente o disposto nela.

Disposición derradeira segunda. Revisión de expedientes de devolución.

O Consello de Ministros poderá revisar de oficio, atendendo aos criterios establecidos nesta lei e con audiencia dos partidos ou agrupacións políticas solicitantes, os expedientes incoados conforme a Lei 43/1998, do 15 de decembro, emendando os erros ou desviacións padecidos en aplicación dos valores catastrais, cando estes non se basearen en relatorios actualizados ou, se é o caso, cando a facenda correspondente tivese establecido outro sistema para a determinación dos valores mínimos atribuíbles aos bens inmobles, axustándoos aos propios do mercado.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor.

Esta lei entrará en vigor aos tres meses da súa publicación no 'Boletín Oficial del Estado'.

Por tanto,

Mando a todos os españois, particulares e autoridades, que cumpran e fagan cumprir esta lei.

Madrid, 26 de decembro de 2007.

JUAN CARLOS R.

O presidente do Goberno,

JOSÉ LUIS RODRÍGUEZ ZAPATERO 22295 LEI 51/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2008. ('BOE' 310, do 27-12-2007.) JUAN CARLOS I REI DE ESPAÑA Saiban todos os que a viren e a entenderen que as Cortes Xerais aprobaron e eu sanciono a seguinte lei:

PREÁMBULO I Os orzamentos xerais do Estado fundamentan o seu marco normativo básico na nosa Carta Magna, a ConstituSuplemento núm. 34 Venres 28 decembro 2007 4251 ción española do 27 de decembro de 1978, así como na Lei xeral orzamentaria e na Lei xeral de estabilidade orzamentaria.

O Tribunal Constitucional foi precisando o contido posible da lei anual de orzamentos xerais do Estado e veu manifestar que existe un contido necesario, que está constituído pola determinación da previsión de ingresos e a autorización de gastos que poden realizar o Estado e os entes a el vinculados ou del dependentes no exercicio de que se trate. Xunto a este contido necesario, cabe a posibilidade de que se engada un contido eventual, aínda que estritamente limitado ás materias ou cuestións que garden directa relación coas previsións de ingresos, as habilitacións de gasto ou os criterios de política económica xeral, que sexan complemento necesario para a máis fácil interpretación e máis eficaz execución dos orzamentos xerais do Estado e da política económica do Goberno.

Por outra parte, oTribunal Constitucional sinala que o criterio de temporalidade non resulta determinante da constitucionalidade ou non dunha norma desde a perspectiva da súa inclusión nunha lei de orzamentos. Por isto, ben que a Lei de orzamentos se pode cualificar como unha norma esencialmente temporal, nada impide que accidentalmente poidan formar parte da lei preceptos de carácter plurianual ou indefinido.

Doutro lado, en materia tributaria, o número 7 do artigo 134 da Constitución dispón que a Lei de orzamentos non pode crear tributos aínda que si modificalos cando unha lei tributaria substantiva así o prevexa.

As materias que queden á marxe destas previsións son materias alleas á Lei de orzamentos xerais do Estado.

Desta forma, o contido da lei está constitucionalmente acoutado ­a diferenza do que sucede coas demais leis, cuxo contido resulta, en principio, ilimitado­ dentro do ámbito competencial do Estado e coas exclusións propias da materia reservada a lei orgánica.

Consecuentemente, a Lei de orzamentos xerais do Estado para 2008 regula unicamente, xunto ao seu contido necesario, aquelas disposicións que respectan a doutrina doTribunal Constituci...



Activate your free trial now

Make your order

Need help? Contact us

Try vLex for FREE for 3 days

Access legal information from Spain including:

  • Forms and Contracts
  • Collective Agreements
  • Case Law
  • Legislation
  • Books and Journals
  • Legal News

Try vLex without any commitment for 3 days and see why you need it.

3

days of Free Access



If you are already a vLex customer, Access Here

Sponsored Ads:


Other documents:
DECRETO 219/2003 de 30 de octubre por el que se declara Bien de Interes Cultural con la categoria de monumento la iglesia de San Pedro de Ple... | 383577 - Aldauto Motor Sa. | 2 usc 273 - sec. 273. compensation | Research and Markets An Optimum Design Approach to Noise and Signal Interference in Optical Fiber Transmission S... | 12 cfr 308.544 deposit in treasury of united states. | Decisione della Commissione del 16luglio 2008 relativa allaiuto di Stato C 25/2000 ex N 149/99 ... | Coordenadoria Geral de Administracao | LJN AE9884 Raad van State 200200711/1 | Decisao Monocratica N 70027467943 of Tribunal de Justica do RS - Decima Sexta Camara Civel, of November 13, 2008 | Acórdão Nº 70015012099 of Tribunal de Justiça do RS Quarta Câmara Cível of June 07 2006 | El Consell anuncia 1.500 inspeccionesa prendas asiaticas