Suplementos do BOE en galego, November 01, 2008 (Nbr. 12)
Permanent Link:
http://vlex.com/vid/outubro-pagamentos-directos-gandaria-240-50038185
Id. vLex: VLEX-50038185
Acceda a este documento
y pruebe vLex GRATIS durante 3 días
Real decreto 1612/2008, do 3 de outubro, sobre aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría. («BOE» 240, do 4-10-2008.)
citado aval non devengará comisión ningunha.
Artigo 2. Modificación do límite para o outorgamento de avais fixado no artigo 54 da Lei 51/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais para 2008.Modifícase o número un e engádese unha letra c) ao número dous do artigo 54 da Lei 51/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 2008, que queda redactado como segue:Artigo 54. Importe dos avais do Estado.'Un. O importe dos avais que preste o Estado durante o exercicio do ano 2008 non poderá exceder os 368.013,24 miles de euros.Dous. Dentro do total sinalado no punto anterior, aplicaranse os seguintes límites máximos de avais do Estado:a) Á entidade pública empresarial RENFE-operadora, por un importe máximo de 180.300 miles de euros.b) Dentro do total sinalado no número un, aplicarase o límite máximo de 40.000 miles de euros para garantir as obrigas derivadas de operacións de crédito concertadas por empresas navieiras domiciliadas en España destinadas á renovación e modernización da frota mercante española mediante a adquisición por compra, por arrendamento con opción a compra ou por arrendamento financeiro con opción a compra, de buques mercantes novos, en construción ou usados cuxa antigüidade máxima sexa de cinco anos.As solicitudes de aval que se presenten transcorridos seis meses desde a data de formalización da adquisición do buque non poderán ser tidas en conta.A efectividade do aval que sexa outorgado con anterioridade á formalización da adquisición do buque quedará condicionada a que a dita formalización se produza dentro dos seis meses seguintes á data de notificación do outorgamento do aval.O importe avalado non poderá superar o 35 por cento do prezo total do buque financiado.As condicións dos préstamos asegurables baixo este sistema serán, como máximo, as establecidas no Real decreto 442/1994, do 11 de marzo, sobre primas e financiamento á construción naval ou disposicións posteriores que o modifiquen.En todo caso, a autorización de avais basearase nunha avaliación da viabilidade económico-financeira da operación e do risco.A Comisión Delegada para Asuntos Económicos determinará o procedemento de concesión de avais, os requisitos que deberán concorrer para a súa concesión e as condicións a que quedará suxeita a efectividade dos avais outorgados.c) Un límite máximo de 147.713,24 miles de euros para que a Administración xeral do Estado poida avalar, durante 2008, nos termos que fixe o contrato de garantía que subscriba co Banco Europeo de Investimentos, as obrigas económicas derivadas dos créditos que, con cargo aos seus recursos propios, conceda o citado banco, con orixe nos acordos de Cotonou II, aos Estados de África, do Caribe e do Pacífico (ACP) e aos países e territorios de ultramar (PTU).' Disposición derradeira única. Entrada en vigor.Este real decreto lei entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no 'Boletín Oficial del Estado'.Dado en Madrid o 3 de outubro de 2008.JUAN CARLOS R.O presidente do Goberno,JOSÉ LUIS RODRÍGUEZ ZAPATERO MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE,E MEDIO RURAL E MARIÑO 16006 REAL DECRETO 1612/2008, do 3 de outubro, sobre aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría. ('BOE' 240, do 4-10-2008.) O Regulamento (CE) n.º 1782/2003 do Consello, do 29 de setembro, ofrécelles aos Estados membros a opción de aplicación parcial de determinados pagamentos directos mediante a retención dunha porcentaxe de determinados pagamentos incluídos no réxime de pagamento único, para dar unha axuda adicional aos agricultores vinculada ás súas decisións de produción.A Lei 62/2003, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, establece, no seu artigo 120, a aplicación en todo o territorio a escala nacional do réxime de pagamento único previsto no Regulamento (CE) n.º 1782/2003 do Consello, do 29 de setembro de 2003.En aplicación do artigo 64 do mencionado regulamento, a aplicación parcial adoptada en España afecta os pagamentos directos por cultivos herbáceos, algodón, tabaco, oliveiral e azucre, pagamentos transitorios por froitas e hortalizas, gando vacún, gando ovino e caprino.Os pagamentos a favor do lúpulo inclúense na súa totalidade dentro do réxime de pagamento único.Ben que as modificacións que este real decreto introduce a respecto da regulación actual contida no Real decreto 1470/2007, do 2 de novembro, sobre aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría, non son numerosas e poderíanse levar a cabo mediante un real decreto modificatorio, pareceu preferible, co fin de facilitar o manexo da norma polos seus destinatarios, efectuar unha nova publicación e readaptación completa do sistema normativo dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría, derrogando o Real decreto 1470/2007, do 2 de novembro, cuxo contido se reproduce na súa práctica totalidade nesta nova disposición, xunto con algunhas modificacións de carácter limitado e puntual.As referid...Try vLex for FREE for 3 days
Access legal information from Spain including:
Try vLex without any commitment for 3 days and see why you need it.
3
days of Free Access
If you are already a vLex customer, Access Here