Decreto 12/2009, do 8 de xaneiro, polo que se regula a autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios.

Diario Oficial de Galicia, January 29, 2009 (Nbr. 20)

I. Disposicións Xerais - CONSELLERÍA DE SANIDADE
Permanent Link: http://vlex.com/vid/servizos-establecementos-sanitarios-51517310
Id. vLex: VLEX-51517310

Acceda a este documento
y pruebe vLex GRATIS durante 3 días

Sponsored Ads:


Extract:

Decreto 12/2009, do 8 de xaneiro, polo que se regula a autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios.

O artigo 33, punto 1, do Estatuto de autonomía de Galicia, Lei orgánica 1/1983, de 6 de abril, atribúe á Comunidade Autónoma de Galicia o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de sanidade interior.

O Real decreto 1634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de traballo, industria, comercio, sanidade, cultura e pesca, no artigo 33, letra g), transfire á Xunta de Galicia o outorgamento da autorización oportuna para a creación, construción, modificación, adaptación ou supresión de centros, servizos e establecementos sanitarios de calquera clase e natureza, incluídos os balnearios e as entidades do seguro libre de asistencia médico-farmacéutica.

En uso das competencias atribuídas á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios, desenvolveuse o Decreto 52/2001, do 22 de febreiro, polo que se regula a acreditación dos centros hospitalarios da Comunidade Autónoma de Galicia, o Decreto 77/2001, do 29 de marzo, sobre centros, servizos e establecementos sanitarios, a Orde do 29 de marzo de 2001, pola que se regula a autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios e o Decreto 186/2003, de 6 de marzo, que fixa o procedemento, os requisitos e as condicións de autorización dos centros hospitalarios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Con posterioridade, a Administración xeral do Estado estableceu a normativa básica sobre autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios, mediante o Real decreto 1277/2003, de 10 de outubro, dando cumprimento así ao previsto nos artigos 29.1º, 29.2º e 40.9º da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e 26.2º e 27.3º da Lei 16/2003, do 28 de maio, de cohesión e calidade do sistema nacional de saúde. O real decreto regula as bases xerais do procedemento de autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios, establece unha clasificación, denominación e definición común para todos eles e crea o catálogo e rexistro xeral dependente do Ministerio de Sanidade e Consumo. E todo iso con independencia de que os centros, servizos e establecementos sanitarios sexan públicos ou privados, e da súa clase ou natureza.

Este decreto ten por finalidade adecuar a regulación da comunidade autónoma á normativa básica do Estado e, ao mesmo tempo, simplificar o procedemento de autorización, xa que se suprime a autorización previa, para exixir, con carácter xeral, unha autorización de funcionamento a todos os centros, servizos e establecementos sanitarios, coa excepción dos centros hospitalarios, centros de saúde ou outros, que pola súa especialización, requiren, ademais, dunha autorización de instalación. Por outra banda, desenvólvese normativamente o rexistro de centros, servizos e establecementos da comunidade autónoma, que aínda que previsto no Decreto 77/2001, do 29 de marzo, carecía de regulación específica. Así, os requisitos xerais e específicos que, en función da súa actividade, deberán cumprir os centros, servizos e establecementos sanitarios aparecen especificados nos anexos I ...



Activate your free trial now

Make your order

Need help? Contact us

Try vLex for FREE for 3 days

Access legal information from Spain including:

  • Forms and Contracts
  • Collective Agreements
  • Case Law
  • Legislation
  • Books and Journals
  • Legal News

Try vLex without any commitment for 3 days and see why you need it.

3

days of Free Access



If you are already a vLex customer, Access Here

Sponsored Ads:


Other documents:
Universal Match Corporation, a Corporation, Plaintiff-Appellant, v. New Castle Products, In... | Thomas J Christensen Delivers Remarks Before the U.S.-China Economic and Security Review Commission | funds to stimulate green public housing | Decisao Monocratica N 2008/0159098-7 of Superior Tribunal de Justica Presidencia of September 24 2008 | Decisione del Comitato misto SEE n.44/2004 del 23 aprile 2004 che modifica l allegato XVIII Sicurez... | Il resulte d un acte recu par le notaire Paul Bauwens notaire a Dilbeek le ... | DECRETO Nº 59762 DE 16 DE DEZEMBRO DE 1966 Abre Ao Ministerio da Fazenda o Credito Suplementar de Cr 20.000.000 Destinado a Administração do Ed... | Arrest of Hof van Cassatie - België nº P940294N, of 05 de Septiembre de 1995 | Acórdão Nº 2008/0119992-4 of Superior Tribunal de Justiça - Segunda Seção, of October 22, 2008 | MINIGIRA DE OBAMA / Visita histórica a Ghana Obama pide un nuevo rumbo a África El presidente de... | Acuerdo N 1097734700 of 8 Camara Extinto 1 TAC of September 18 2002 | Digital+ quiere lograr un margen de ebitda del 36% en 2008 | Acórdão Nº 70024682403 of Tribunal de Justiça do RS - Vigésima Câmara Cível...