Diario Oficial de Galicia, January 29, 2009 (Nbr. 20)
I. Disposicións Xerais - CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Permanent Link:
http://vlex.com/vid/xaneiro-regulamento-lei-subvencions-51517306
Id. vLex: VLEX-51517306
Acceda a este documento
y pruebe vLex GRATIS durante 3 días
Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
O 21 de xullo de 2006 o Consello de Ministros aprobou o Real decreto 887/2006, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, xeral de subvencións. Coa aprobación de ambas as normas configúrase o marco ao cal, en virtude do carácter básico de moitos dos seus preceptos, se debe adaptar a xestión das subvencións concedidas no noso país.
Tras a aprobación do regulamento, comezou a tramitación que levou á aprobación polo Parlamento de Galicia da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coa cal se realiza unha adaptación ás peculiaridades propias da xestión das subvencións na nosa comunidade. A Lei 9/2007, publicada no Diario Oficial de Galicia o 25 de xuño de 2007, entrou en vigor tras unha vacatio legis de tres meses. Na súa disposición derradeira recolle o mandato ao executivo para a elaboración e aprobación dun regulamento que a desenvolva para a súa aplicación. En cumprimento do dito mandato, apróbase este regulamento.A aprobación do regulamento supón a derrogación total do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, que xa fora derrogado parcialmente coa entrada en vigor da Lei 9/2007, desenvolvéndose neste regulamento o réxime aplicable a aqueles aspectos que aínda permanecían en vigor.IIA estrutura do regulamento segue as liñas marcadas pola normativa precedente, semellándose á estrutura do regulamento que desenvolve a Lei xeral de subvencións. O regulamento estrutúrase en seis títulos en que teñen cabida 87 artigos, catro disposicións adicionais, unha disposición derrogatoria e dúas disposicións derradeiras.O título preliminar recolle unha serie de preceptos de carácter xeral, reiterando o concepto de subvención recollida na lei e desenvolvendo os plans estratéxicos de subvencións como figura mediante a que se plasman as grandes liñas de actuación da Administración en materia de subvencións. Define o ámbito de aplicación do regulamento, con separación das entidades a que lles é aplicable de forma plena o regulamento e outras a que se lles aplican os seus principios. Este título regula a existencia duns plans estratéxicos de subvencións, que se integran coa programación por obxectivos dos orzamentos xerais da comunidade autónoma. Tamén se recollen neste título unha serie de aspectos relativos á xustificación de determinados requisitos por parte dos beneficiarios e das entidades colaboradoras, con especial mención á acreditación do cumprimento das obrigas fronte ás administracións públicas e ás obrigas derivadas da necesidade de que os beneficiarios acheguen financiamento propio.O título I, baixo a rúbrica de bases reguladoras e financiamento, recolle algúns aspectos relativos á comunicación que se debe realizar de xeito preceptivo á Unión Europea. A continuación, detállanse cuestións relativas ao financiamento da subvención, abordando tanto o financiamento que, de ser o caso, deba realizar o beneficiario como o financiamento da Administración a través do correspondente expediente de gasto, regulando a posibilidade de realizar anticipadamente algúns trámites do procedemento e tamén a tramitación do gasto correspondente a expedientes que afecten varios exercicios orzamentarios, mellorando a adecuación do ritmo orzamentario ao ritmo de execución das actuacións subvencionadas.O título II denomínase Procedementos de concesión. En primeiro lugar figuran os artigos dedicados ás subvencións convocadas en réxime de concorrencia, que regulan o prazo mínimo para a presentación de solicitudes e limitan o importe do gasto ao que determine a convocatoria, agás naqueles casos excepcionais que de xeito taxativo se detallan. Nos procedementos de concesión directa o regulamento desenvolve a posibilidade prevista no artigo 29.3º da lei, e regula un procedemento para cada un dos tres casos en que é posible acudir á concesión directa.O título III regula os aspectos relativos ao procedemento de xestión e xustificación das subvencións. Tamén se fixa o réxime aplicable ás xustificacións, para o que se habilitan tres modalidades diferentes para xustificar, permitindo que as bases reguladoras determinen en cada caso aquela que mellor se adapta á natureza das subvencións concedidas. O título conclúe coa regulación da comprobación por parte dos órganos administrativos do cumprimento dos requisitos exixidos nas bases reguladoras.No título IV regúlanse os pagamentos e as garantías, cun sistema que segue os principios que inspiraban o Decreto 287/2000. Prevese a posibilidade de realizar pagamentos anticipados e pagamentos á conta da liquidación definitiva da subvención e defínese o réxime de garantías aplicable en ambos os casos, así como aquelas que deban prestarse con motivo de compromisos que deba cumprir un beneficiario ou unha entidade colaboradora con posterioridade ao pagamento da subvención.No título V regúlase o reintegro como consecuencia do incumprimento por parte do perceptor das obrigas que deb...Try vLex for FREE for 3 days
Access legal information from Spain including:
Try vLex without any commitment for 3 days and see why you need it.
3
days of Free Access
If you are already a vLex customer, Access Here