Suplementos do BOE en galego, November 01, 2008 (Nbr. 12)
Permanent Link:
http://vlex.com/vid/zoosanitarios-enfermidades-acuaticos-50038188
Id. vLex: VLEX-50038188
Acceda a este documento
y pruebe vLex GRATIS durante 3 días
Real decreto 1614/2008, do 3 de outubro, relativo aos requisitos zoosanitarios dos animais e dos produtos da acuicultura, así como á prevención e ao control de determinadas enfermidades dos animais acuáticos. («BOE» 242, do 7-10-2008.)
R.
A vicepresidenta primeira do Goberno e ministra da Presidencia,MARÍATERESA FERNÁNDEZ DE LA VEGA SANZ MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE,E MEDIO RURAL E MARIÑO 16057 REAL DECRETO 1613/2008, do 3 de outubro, sobre aplicación durante o período 2008/2009 do sistema de retencións á conta previsto no Real decreto 754/2005, do 24 de xuño, polo que se regula o réxime da taxa láctea. ('BOE' 241, do 6-10-2008.) O Real decreto 754/2005, do 24 de xuño, polo que se regula o réxime da taxa láctea, facendo uso da facultade concedida aos Estados membros polo artigo 81 do Regulamento (CE) n.º 1234/2007 do Consello, do 22 de outubro de 2007, polo que se crea unha organización común de mercados agrícolas e se establecen disposicións específicas para determinados produtos agrícolas, establece no artigo 29 a obrigatoriedade dos compradores de leite de efectuar retencións á conta aos produtores que superen a cantidade de referencia individual asignada e regula, no artigo 30, a declaración e pagamento das retencións.Este sistema de retencións á conta cumpre unha dobre finalidade, a de facilitar ao comprador o cumprimento da súa obriga fronte ao Estado e ao produtor o pagamento da liquidación, ao se realizar este fraccionadamente.Porén, a produción e comercialización de leite nos dous últimos períodos (2006/2007 e 2007/2008), segundo os datos de entregas que se infiren das declaracións mensuais presentadas polos compradores, confirman que España está por debaixo da cantidade de referencia nacional de cota láctea en cada un deles. Por outra parte, o Regulamento (CE) n.º 248/2008 do Consello, do 17 de marzo de 2008, que modifica o Regulamento (CE) n.º 1234/2007 no que respecta ás cotas lácteas nacionais, incrementou nun dous por cento a cota láctea asignada aos Estados membros para o período 2008/2009 e seguintes. Estas dúas circunstancias permiten prever un equilibrio, para o período 2008/2009, entre as entregas de leite e a cantidade de referencia nacional asignada a España.Por iso, preténdese incrementar en determinados casos as cantidades entregadas polos produtores ao longo do período, a partir das cales serán de aplicación as retencións á conta establecidas no artigo 29 do Real decreto 754/2005, do 24 de xuño.Na elaboración deste real decreto consultáronse as comunidades autónomas e as organizacións representativas do sector.Na súa virtude, por proposta da ministra de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, de acordo co Consello de Estado e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 3 de outubro de 2008,D I S P O Ñ O :Artigo único. Aplicación do sistema de retencións á conta.Durante o período de taxa 2008/2009, as retencións á conta previstas no Real decreto 754/2005, do 24 de xuño, polo que se regula o réxime da taxa láctea, só se aplicarán aos produtores que cumpran algunha das condicións seguintes:a) Que dispoñan dunha cantidade de referencia individual igual ou inferior a 200.000 kg e as cantidades entregadas superen a cantidade de referencia dispoñible incrementada nun vinte por cento.b) Que dispoñan dunha cantidade de referencia individual maior de 200.000 kg, pero menor ou igual a 300.000 kg, e as cantidades entregadas superen a cantidade de referencia dispoñible incrementada nun dez por cento.c) Que dispoñan dunha cantidade de referencia individual superior a 300.000 kg e as cantidades entregadas superen a cantidade de referencia dispoñible incrementada nun cinco por cento.Disposición derradeira primeira. Título competencial.Este real decreto dítase ao abeiro do artigo 149.1.13.' da Constitución, que atribúe ao Estado a competencia exclusiva en materia de bases e coordinación da planificación xeral da actividade económica.Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor.Este real decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no 'Boletín Oficial del Estado', e os seus efectos serán de aplicación desde o 1 de abril de 2008.Dado en Madrid o 3 de outubro de 2008.JUAN CARLOS R.A ministra de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño,ELENA ESPINOSA MANGANA MINISTERIO DA PRESIDENCIA 16090 REAL DECRETO 1614/2008, do 3 de outubro, relativo aos requisitos zoosanitarios dos animais e dos produtos da acuicultura, así como á prevención e ao control de determinadas enfermidades dos animais acuáticos. ('BOE' 242, do 7-10-2008.) O gran desenvolvemento que experimentou na Unión Europea o sector acuícola, xunto coa diversidade de especies que se crían e os novos tipos de prácticas de explota1154 Sábado 1 novembro 2008 Suplemento núm. 12 ción, fan necesaria a correspondente adecuación da normativa de sanidade animal aplicable a este sector produtor.Por isto, aprobouse a Directiva 2006/88/CE, do Consello, do 24 de outubro de 2006, relativa aos requisitos zoosanitarios dos animais e dos produtos da acuicultura, e á prevención e ao control de determinadas enfermidades dos animais acuáticos, que substitúe a normativa ata agora vixente e rec...Try vLex for FREE for 3 days
Access legal information from Spain including:
Try vLex without any commitment for 3 days and see why you need it.
3
days of Free Access
If you are already a vLex customer, Access Here